Seleccionar página
Un dos grandes valores da fotografía é a súa capacidade para contar as historias dos momentos importantes nas nosas vidas (familia, aventuras con amigos, a chegada do amor, o nacemento dun fillo, etc.) e ao tempo que conta esas historias no presente permítenos gardalos para o futuro. Ollar as fotos de fai anos ofrécenos a oportunidade de revivir sentimentalmente eses tempos pasado.

Ser fotógrafo ofréceme a oportunidade de participar nas historias dos meus clientes e a responsabilidade de gardar nas miñas capturas os momentos importantes das persoas que confían en min, e iso é marabilloso.