No Nadal Adán viñera ao estudio para realizar unha sesión navideña, aquela sesión fora perfecta con uns resultados moi satisfactorios. Marisol, a mamá de Adán, volveume chamar para realizar agora unha sesión con diferentes tipos de roupa e e en principio sen ningunha  idea concreta. Envioume unhas fotos da roupa coa que queria fotografar a Adán e en base a iso eu pensei un pouco que tipo de fotos realizaría e que fondos utilizaría.

O resultado da sesión está resumido nestas fotos e outra vez eu quedei encantado co resultado, Adán é sen dubida un neno super fotoxénico e nesta ocasión ata Sila, a cadeliña da familia, se deixou fotografar xunto a Adán. 

Conseguín unha fotos naturais de Adán e unhas tomas familiares informais que era o que pretendiamos.

Espero continuar contando con esta bonita familia para posteriores sesións.