Adrián tiña programada a comuñón para o ano pasado pero a pandemia obrigou a adiar a celebración para este ano. Eu confiaba enormemente nas posibilidades do modelo porque xa tiña experiencia anterior co seu irmán e na sesión de estudo confirmaranse, e aínda se superaran, as miña previsións. Foi unha sesión moi aproveitada con fotos buscadas e conseguidas.
Despois da Comuñón teriamos a sesión exterior e pola miña parte estaba desexoso de facela pero un problema de saúde de Adrián interpúxose nos meus desexos e a sesión quedou paralizada.
Tempo despois por fin Adri superou a enfermidade e puidemos marcar unha nova data.
As miñas dubidas eran grandes, non sabia con que estado anímico estaría Adri para superar a sesión despois de tanto tempo mas bastou uns primeiros disparos para decatarme de que el era o de sempre.
Gocei da sesión a tope e penso que Adrián tamén tivemos encontros casuais e realizamos algunha toma absolutamente improvisada coa que conseguimos uns resultados óptimos.
Aquí vos deixo unha mostra das dúas sesións.