Aitana é unha nena moi natural, traballar con ela é sinxelo só consiste en seguir o ritmo que ela vai marcando e o triunfo está asegurado.
Fixemos unha sesión previa a comuñón no parque da Riouxa que nos valería para realizar con esas fotos uns recordatorios e marca-paxina, unha sesión rápida que serviu tamén para esa primeira toma de contacto entre ela e eu.
A segunda sesión foi mais traballada coa idea de ter unha cantidade de fotos suficientes para compor un álbum. A idea de estas sesións sempre é ter un par de ambientes distintos aínda que sexan realizadas no mesmo lugar así que achegámonos a praia do Vao onde puidemos realizar fotos con arredor dos piñeiros e nas herbas das dunas,
Terminar na agua era obrigatorio por esixencias da modelo.