Os papás de Alexander non tiñan nada claro que tipo de sesión querían, eles chegaron a min pola suxestión dunha compañeira de traballo que no seu día fora a súa fotógrafa de referencia pero que neste momento deixou a fotografía.
Falando con eles entendín que a súa prioridade era un traballo de calidade e deixáronme claro que, dentro duns amplos limites, desexaban sobre todo a máxima calidade.
Partimos entón dunha dobre sesión primeiro no estudio e despois en exteriores.

O estudio revelou a fotoxenia de Alexander porque aínda que nun primeiro momento é un neno con certa timidez pouco a pouco foise abrindo e dando fotos moi doces.

En exterior un acerto enorme foi que o acompañase o seu mellor amigo con iso conseguimos que Adrián rompera calquera barreira de timidez e desde o primeiro momento todo fluíu con naturalidade. De esas primeiras tomas as últimas a cousa foi mellorando e xa conseguidas as poses mais clásicas comezamos a xogar, o patinete co que se acompañou deunos a posibilidade de realizar unha serie divertida e con movemento que ademais fundíase perfectamente co entorno do faro de Museo do Mar.
Pasamos despois a unha serie na auga que foi tanto para Alexander como para o seu amigo unha diversión eu creo que inesperada pero absolutamente divertidísima.

Para terminar aproveitamos o Por do Sol que tanta beleza ten neste lugar, fotos a contraluz e outras con esa cor laranxa tan agradecida.