Ana adora a decoración do Nadal de Vigo, o ano pasado decidimos facer unha sesión nos puntos mais destacados da decoración navideña. Foi unha tarde intensa de fotos entre a multitude que abarrotaba as rúas da cidade.
A bola de Nadal na farola de Urzáiz, a rúa dedicada a Frozen, a Árbore da porta do Sol, o mercado da praza de Compostela e a Noria foron algúns dos lugares nos que Ana posou para as fotos.
Divertimonos e a ela quedoulle unha bonita lembranza dun ano de Nadal que non sei se poderemos repetir nestas próximas festas.