Ana adora a decoración do Nadal de Vigo, o ano pasado decidimos facer unha sesión nos puntos mais destacados da decoración navideña. Foi unha tarde  intensa de fotos entre  a multitude que abarrotaba as rúas da  cidade.

A bola de  Nadal na farola  de Urzáiz, a rúa dedicada a Frozen, a Árbore da porta  do Sol, o mercado da praza de Compostela e a Noria foron algúns dos lugares nos que Ana posou para as fotos.

Divertimonos e a ela quedoulle unha bonita lembranza dun ano de Nadal que non sei  se poderemos repetir nestas próximas festas.