Iker chegou coa familia o paseo da Guía onde tiñamos combinado para facer as fotos. O paseo da Guía nesta parte superior non é un lugar habitual onde teña feito sesión pero realmente a partir da sesión de Iker xa se converteu noutra opción aproveitando a parte alta co faro e as escaleiras que baixan a unha pequena cala acercarse despois a parte baixa onde está situado o club de remo.

Iker deixouse guiar por min durante a sesión, ten unha expresión natural pouco forzada e xunto coa familia participou animadamente na sesión.

Desde un primeiro momento eu tiña planificada unha foto nun grande graffiti en tons amarelos que está nunha das paredes do club de remo a miña idea era realizar diferentes tomas algumas desde cerca da pintura e outras mais de lonxe así como perspectivas forzadas con moito espazo negativo coa intención que a pintura nos conducise o ollar a Iker,

Rematamos a sesión na casa dos avós de Iker desde a que pudemos tirar unhas imaxes paisaxisticas coa ponte de Rande de fondo.