Amaya é moi extrovertida e divírtese moito posando para as fotos así que todo pintaba ben para a súa reportaxe de Comuñón, pero as veces esas boas perspectivas volven-se en contra, este non foi o caso e como agardabamos Amaya ofreceunos unhas fotos xeniais.
Realizamos as fotos en tres localizacións diferentes, comezamos en Castrelos que nos ofrece ese espectacular verde acompañado da pedra, despois achegámonos a Villa Solita, eu tiña verdadeiras ganas de traballar alí por ese ambiente vintage que me ofrecía, a combinación do vintage coa alegría de Amaya resultou unha mistura perfecta.

Finalizamos a sesión no Museo do Mar, este é un dos meus locais preferidos para fotografar en Vigo porque reúne dous aspectos que me atraen, as liñas dos edificios que dan moito xogo de perspectivas e esa paisaxe que é un verdadeiro balcón aberto as Cíes.

A Amaya na sesión acompañárona súa nai e súa aboa que participaron nas fotos con entusiasmo e moito cariño.