Xa realizara anteriormente as fotos de Comuñón de Sara, a irmán de Erik, daquela nun primeiro momento só estaba planificado facer a sesión de estudio pero mais tarde decidiran que lles apetecía realizar a exterior, entre unha cousas e outras esta segunda sesión tardaramos en realizala, se non estou equivocado fixémola a finais de setembro cos inconvenientes que iso ten, dias mais curtos e a temperatura que xa non acompañaba, así que desta volta África, a mamá de Sara e Erik, non quixo arriscar e marcamos as sesións para o tempo de verán.
Erik é unha persoa de carácter así que o mellor era deixar que el marcase o ritmo das sesións e intervir apenas puntualmente, desta maneira conseguimos que actuase naturalmente sen agobios. Ao final tratase de traballar con persoas e é importante saber adaptarse aos ritmos e personalidade de cada un.

Como é habitual nas miñas sesións de Comuñón a familia participa nas fotos de maneira que as reportaxes sexan ademais de especificas desta celebración unhas sesións de familia.