Este traballo ten algo moi especial do que gustei moito, a posta en valor da relación do ser humano ca terra.
Emilio é do Viso, a aldea que está debaixo do monte da Peneda, dende algunha das fotos pódese ver a súa casa, e eles, coa chegada da súa primeira filla Leire, quixeron facer unha homenaxe a ese pedazo de mundo que os acólleo desde o principio da súas vidas así que subimos a Peneda, ese monte tan significativo, e alí como presentando ofrenda a esa terra ao pé da vella Sobreira mostraron a nova vida que nacerá en breve produto do seu amor.
E mostraron todo o respecto polas tradicións que representan a terra onde naceron como transmitindo a Leire o legado que vai pasando de uns a outros deixando pegada da nosa cultura para o mundo a través do tempo.
Ademais, aínda que a Andrea é da parte de Redondela súa nai procede da Limia por iso e como homenaxe a aquela terra decidiu fotografarse coa vestimenta que representa o Entroido de Xinzo, A Pantalla.
Todo isto rematado con o Por do Sol sobre as illas Cies e o son da gaita tocada por Emilio deixou en min unha fonda pegada e o sentimento de que o meu traballo é algo mais do que plasmar imaxes nun arquivo dixital ou nun papel fotográfico é unha maneira de relatar os sentimentos que son a esencia das persoas.