As sesións de dúas persoas multiplican as dificultades por 2, certo, pero tamén permiten realizar composicións fotográficas diferentes, eu para solucionar o primeiro inconveniente que presentan estas sesións, teñen que saír ben dúas persoas, disparo sempre o dobre do que cando se trata de unha soa persoa desa maneira consigo ter mais posibilidades de éxito.
Con Leire e Izan non foi complicado, a primeira sesión no plató resultou un pouco mais complicada pola calor do dia, así que tocounos traballar con certa lentitude e moita hidratación. Na segunda sesión en exterior tivemos un dia xenial, apareceu un precioso Ceo nubrado que deixaba pasar unha marabillosa luz suave así que a partir daí puiden centrarme mais nas poses e nas expresión.
Nas sesións de irmás ademais de realizar fotos xunto tamén fago fotos por separado para ter diferentes posibilidade tanto para montar os recordatorios como para a edición do álbum.
Conbinamos a praia do Vao e o Museo do Mar onde rematamos con unha bonita posta de Sol.