Coñecín a Lucas o Nadal pasado, el e a súa irmán posaran para as fotos de Nadal.
En principio íamos realizar unha sesión en exterior, Nazaret deixou que eu escollese a localización e escollín o meu lugar favorito, o Museo do Mar.
Durante a sesión pensaron que tal vez poderiamos realizar despois de pasada a Comuñón unha segunda sesión de Lucas mais informal onde incluso puidese meterse na auga, ademais a idea era que o acompañasen os primos e realizar fotos de todo o grupo.
Pasada a data a cerimonia marcamos a segunda sesión que realizamos tamén no Museo do Mar de maneira que lle demos continuidade a primeira sesión.
Esta segunda sesión foi espectacular e mesmo Lucas nas súas fotos individuais disfrutou moitísimo como tamén se divertiu coas imaxes que fixemos acompañado dos primos.
Quedaron dúas sesións, de Comuñón e de Primos, completas, un traballo que me deixa satisfeito.