Marina e David aman os cabalos, tanto é así que esperamos mais de tres meses a que chegara setembro e nos deran permiso para realizar a Post-voda coa súa Egua Kira na praia.
Sendo os pais uns amantes dese mundo do cabalo Mía tiña que vivir desde pequeniña esa paixón así que o mellor era ter un “cabalo” a súa altura, un Poni.
Quedamos no monte Aloia para realizar a sesión de Mía e o seu poni Pipo, o dia apareceu complicado pola néboa ata o punto de dubidar se poderiamos subir ao Aloia, ao final atrevémonos e o resultado, grazas precisamente a ese neboeiro que nos acompañou, foi espectacular.
Que dicir dos modelos, o mesmo Mía como Pipo comportáronse de 10.