Naty é unha persoa alegre e moi extravertida Rubén é mais tranquilo, o yin e o yang perfecto así que tiñamos dúas personalidades que fotografar o que ao principio cría incertezas mais que en casos como este ao minuto primeiro desaparecen.
Propuxen a Naty fotografar o seu dia desde os primeiros preparativos e non dubidou nin un segundo que lle parecía un plan perfecto.
Comecei o traballo na Perruqueria de Celeste, a partir dese dia unha amiga, e continuei na casa da noiva con fotos documentais. Importábanos moito capturar momentos únicos, para fotos posadas xa tiñamos a Post-Voda, así que fotografei sen chamar a atención dos protagonistas.
A casualidade quixo que o coche da noiva se avaríase de camiño a Igrexa, o que nos sírveo para tirar unhas simpáticas fotos, momentos así son os que diferencian unhas Vodas de outras.
Para a Post-Voda comezamos en Castrelos continuamos na Etea, cuestión é que durante as pausas falando ocorréusenos rematar con fotos no C.C. Travesía.
Non pensamos noutra cousa que entrar e fotografar dentro do Centro Comercial ata que o garda de Seguridade nos solicitou o permiso para fotografar alí dentro cousa que non se nos ocorrera pedir.
Indicounos que así non podiamos continuar traballando e agradecemos a amabilidade do trato e dispuxémonos a marchar.
Baixando as escaleira ollamos ao garda volver cara a nós para nos comunicar que desde a dirección do centro outorgaran permiso para que puidésemos continuar traballando, e así o fixemos.
A de Naty e Rubén foi unha Voda chea de sorpresas todas ben aproveitadas para nos divertir e realizar unhas fotos de Voda ben diferentes.