A reportaxede Noa componse de unha doble sesión, plató e exterior. Este tipo de traballos teñen a ventaxa de que a primeira sesión sirve para un coñecemento entre fotógrafo e modelo o que habitualmente se traduce nunha segunda sesión con fotos mais naturais. Noa é unha nena moi dulce e a que lle gusta posar, falaramos antes da sesión que trouxera algo co que se sentira moi a gusto para facer unhas acompañada de ese elemento, trouxo unha boneca que lle trasmite muita tranquilidade.
A Segunda sesión foi en Baiona, aproveitamos os xardíns do parador no que descobrimos espacios descoñecidos ata o momento e rematamos a sesión na praia de Santa Marta, nese espacio Noa sinteuse moi a gusto e disfrutou, pero chegou o final e co final afloraron sentimentos que trouxeron un par de lagrimas aos ollos da pequena Noa ao percatarse que algo co que desfrutou tanto alí naquela praia e naquel momento chegaba ao seu fin.