A reportaxede Noa componse de unha doble sesión, plató e exterior. Este tipo de traballos teñen a ventaxa de que a primeira  sesión sirve para un  coñecemento entre fotógrafo e modelo o que habitualmente se traduce nunha segunda sesión con fotos mais naturais. Noa é unha nena moi dulce e a que lle gusta posar, falaramos antes da sesión que trouxera algo co que se sentira moi a gusto para facer unhas acompañada de  ese elemento, trouxo unha boneca que lle trasmite muita tranquilidade. 

A Segunda  sesión foi en Baiona, aproveitamos os xardíns do parador  no que descobrimos espacios descoñecidos ata  o momento e rematamos a sesión na praia de Santa Marta, nese espacio Noa sinteuse moi a gusto e disfrutou, pero chegou o final e co final afloraron sentimentos que trouxeron un par  de lagrimas aos ollos  da  pequena Noa ao percatarse  que algo co que desfrutou tanto alí naquela praia e naquel momento chegaba ao seu fin.