O meu habito de disparar moitas fotos en cada sesión ten dúas vertentes bipolares por unha parte realizar tantas tomas créame un problema de espazo de almacenamento e de traballo de selección pero por outra en certas ocasións salvan un traballo que estaba planificado nun principio de outra maneira, neste caso puidemos realizar un álbum completo a pesar de contar só coas fotos desta sesión.
O museo do mar , como xa dixen outras veces é un dos meus espazos preferidos para as sesión tanto pola liñas arquitectónicas dos edificios como pola inmellorable posta de Sol que se pode ver desde el.
Raúl chegou acompañado do balón, unha das súas paixóns comezamos a sesión no colorido mural da entrada continuado por diversos puntos de paso que nos dirixiamos o faro. Fixemos coincidir a sesión co horario habitual no que o pai de Raúl se dirixe no seu barco ao caladoiro onde pescan. Dende a distancia o pai fixo soa a bocina da embarcación mentres Raúl na pasarela da praia mourisca saudaba coa man en alto, son estas cousas que fan a cada Comuñón diferente da outra.
Continuamos camiño ao faro onde realizamos tomas xogando coas liñas metálicas das escaleiras e posando sentado na pedra co faro ao fondo.
Chegou a hora do por do Sol, dirixímonos a pasarela que une os dous edificios do museo dende onde se forma unha fiestra coa mellor vista do Sol cor de fogo no momento de se esconder por tras das illas Cíes.