Sesión familiar no Monte Vixiador.
Chelo quería realizar unha sesión dos nenos e aproveitar para facer unhas fotos de toda a familia, e como na casa hai unha grande paixón polos cabalos decidimos combinar todo para que o resultado fose o que buscabamos.

O lugar para facer as fotos o Monte Vixiador un local privilexiado e óptimo para a sesión co cabalo. O monte Vixiador ofrece diferentes posibilidades desde espazos arborados óptimos para xogar coa perspectiva ata outros lugares mais abertos onde incitar aos pequenos a brincar e realizar desta maneira esas fotos con mais movemento que tanto me gustan. A sesión centrouse moito nos nenos e eles participaron con ganas sobre-todo cando os incitas a unha carreira para competir a ver quen gaña.
A espontaneidade as veces tamén necesita estes alicientes.