Coñezo a Thelma porque amboa compartimos grupo de Networking, cando eu entrei a formar parte do grupo ela xa levava tempo nel, e nese momento  pasou a liderar a parte de redes sociais. Colaborei con ela realizando as fotografias das reunións que se subian as redes sociais.

Thelma é unha persoa con forte personalidade, é unha desas persoas que che ofrecen confianza e ao lado das que te sintes util.

Agora ambos estamos en procesos de mudanzas,  ela comezou unha nova etapa para a que lle desexo muita sorte porque das suas capacidades profesionais estou certo.

Esta sesión foi pensada para a partte visual dese seu novo proxecto, agradezo a Thelma que contara comigo para mostrar a sua imaxe nun momento tan importante, só aguardo ter estado a altura do que ela merece.