Chelo quería dar aos seus pequenos un día de conto é para iso organizou unha sesión de fotos baseada no conto da Bela e a Besta, decidimos realizar a sesión no bosque encantado de Aldán un lugar que sen dubida era o apropiado para facer esa sesión. Tanto Xoel como Xeila divertiranse  e pasamos un bo momento de un lado para o outro do Bosque Encantado.

Despois de esta primeira  Sesión Xoel pola súa parte realizou outra transformado en no relato de Assassin´s Creed e Xeila transformouse nunha preciosa Serea. 

A tarde acabou mollada na praia de Menduiña pero creo que os dous pequenos viviron unha experiencia única e coas fotos conseguimos que se converta en inesquecible.