Se algo me gusta da fotografía é fotografar os sentimentos e para iso, para a fotografía de sentimentos, as reportaxes de Voda é o evento perfecto.
Fotografar unha Voda non se limita a retratar friamente os momentos e as persoas que participan nela, unha celebración como esta encerra dentro de cada un dos noivos (familia e amigos) un montón de emocións, por exemplo a familia que nos acompaña ou a lembranza dos seres queridos que non poden estar connosco neste dia, a compañía dos amigos ou a festa final. É a esencia de cada un destes momentos a que debemos rexistrar coa nosa cámara. Este é o noso reto, ofrecer imaxes que transmitan a emoción de cada un deses momentos vividos o dia mais especial das vosas vidas, o dia da vosa Voda.