Paseando por Vigo podemos encontrarnos con lugares evidentemente preciosos pero tamén hai outro Vigo un pouquiño mais oculto que para conseguir ver debemos prestar mais atención. Nesta serie procurei eses espazos /lugares e xunto con eses outros mais evidentes editeinos de maneira a conseguir un acabado que nos lembra as postais que antigamente comprabamos nas nosas viaxes para enviar a familia.
Espero que vos gusten estas fotos e xa sabedes se algunha se adapta aquel cantiño da vosa casa que está a pedir ser decorado podes facer as vosas encargas.